O BNG dá por bos os resultados

A Executiva remite un escrito aos militantes nos que destaca que os resultados “superan os obxectivos cuantificados fixados polo Consello Nacional” e que serán "decisivos" en tres deputacións. Con todo, recoñecen dificultades no entorno urbano.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 26/05/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Os resultados obtidos superan, no fundamental, os obxectivos cuantitativos fixados polo Consello Nacional na súa reunión do 14 de marzo de 2015, en que, por unanimidade, acordaba tomar como referencia, para a súa mellora, os resultados das eleccións ao Parlamento da Galiza de 2012 (145.389 votos e unha porcentaxe do 10,16%), por marcar os ciclos políticos no noso país, e ser -o das autonómicas- o proceso electoral en que tradicionalmente o BNG obtén os mellores resultados”.

Executiva do BNG
Executiva do BNG | Fonte: bng-galiza.org

Esta é unha das explicacións que a Executiva Nacional do BNG lle remitiu aos seus militantes nunha circular á que tivo acceso Galicia Confidencial e que consta de sete puntos. Así, neste comunicado,  a dirección nacionalistas destaca que o proceso electoral “confirma que o pobo galego existe, tamén cun mapa político específico, e cunha expresión política propia: o BNG-Asembleas Abertas”.

Deste xeito, suliña que o nacionalismo galego segue sendo “un axente político significativo e imprescindíbel na Galiza”. “É o único elemento que permite confirmar a existencia dun mapa político propio, galego e diferenciado fronte ao resto do Estado”, asegura.

O BNG-Asembleas Abertas obtivo 189.106 votos e un total de 468 concelleiras e concelleiros, cunha porcentaxe do 12'9%. Uns datos inferiores aos obtidos hai catro anos pero que garante tamén a súa presenza nas catro deputacións provinciais. “En tres delas de xeito decisivo”, indica sobre as deputacións de Lugo, Pontevedra e A Coruña, onde podería co-gobernar. 

Por iso, avanza que a posición de voto na conformación das novas corporacións locais “será contrastada colectivamente, contando cos criterios local, comarcal e nacional, sen pactos nacionais mecánicos ou a calquera prezo, como ten previamente avaliado o Consello Nacional”.

“Con estes resultados, o BNG consolida posicións e recupera claramente o papel de terceira forza política no noso país”, recolle este escrito. Esta formación gañou alcaldías con maioría absoluta en 13 concellos (Allariz, Bueu, Castrelo de Miño, Ribadeo, Vimianzo, Zas, A Pobra de Brollón, Carballo, Carnota, Mazaricos, Moeche, San Sadurniño e Tomiño) e tivo alcaldías con maioría en Pontevedra, Poio, Rianxo e Santiso. Tamén ten “probabilidade aritmética de obtención de alcaldías” en, cando menos, Moaña, As Neves, Barro, Ponteareas, Fene, Muras, Viana do Bolo, A Mezquita, Pontecesures e Baños de Molgas.

Sen embargo, os nacionalistas tamén recoñecen que os resultados, “sendo dignos, non son satisfactorios para nós”, especialmente, polo resultado das grandes cidades, agás Pontevedra. “Aínda tendo presente o feito de as cidades representar o 35% do censo electoral -existindo por tanto outro 65% da poboación que habita noutros concellos- somos conscientes da súa importancia cualitativa. Lamentamos, en concreto, a perda de representación en Vigo e Ourense. Esta realidade confirma a necesidade de mellorarmos os métodos de traballo político, especialmente nos espazos urbanos”, apunta.

A Executiva nacionalista volve destacar, novamente, o traballo realizado pola súa militancia que foi, di, “clave” para “superar as limitacións dunha campaña en inferioridade de condicións a outras formacións que tiveron en algúns medios de comunicación bos valedores á hora de conformar tendencias de voto”.

“Finalmente, queremos trasladar unha mensaxe de ánimo e fortaleza. Fixemos unha campaña digna, de popularización da alternativa nacionalista para os concellos, nun contexto ben difícil, determinado pola preponderancia de dinámicas españolas á hora de condicionar o comportamento electoral do noso pobo. E todo isto coas nosas propias mans, coa forza da militancia e das mulleres e homes que acreditamos e defendemos unha Galiza soberana. Ese é o noso maior orgullo”, remata o escrito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 62 comentarios

8 LKI

Vitimismo, autocrítica 0´0, identificación BeNeGá=Galiza... Todo segue igual. Raña con gusto non proe.

7 observador

O BNG non saiu en Ourense... e CxG saiu en Ourense?, e Anova que tamén se presentaba en solitario, saíu en Ourense?. Se Anova non fose na marea atlántica da Coruña sacaría concelleiros na Coruña?. O BNG é voto galego, moito ou pouco, o resto é voto en clave española...os que se alegran de que ó BNG lle vaia mal, alégranse de que ó nacionalismo galego lle vaia mal, porque con todos os seus milleiros de defectos... o BNG non é moi bó, pero é o que temos. O resto é voto en clave española de toda a vida...

1 LKI

Vaia nivel. Así vos vai.

6 Antonino

Repe

5 Antonino

E o mais tristes e que queda xente cun gran potencial en vilas pequenas e medianas dentro do BNG. Grandes alcaldes. Referentes sociais. Pero claro viven nunha organización que está presa dos frikis e seitarios que gobernan o BNG nas cidades. Os mais extremistas é lunaticos da UPG. Que non se relacionan con ninguén mais alá do seu mundillo friki. E as cidades son a vangarda política deste pais, as que tiran dos cambios. E se non tes un papel relevante nas cidades non pintas nada a nivel galego nin estatal. O BNG ten pouco que facer co papelón que fixo en Vigo, A Coruña, Ourense...Que van pintar no pais se son autenticos apestados nas duas grandes capitais Vigo e Coruña?

4 Antonino

Non teñen remedio. Alí onde se visualizaron as mareas, barreron o BNG, salvo na Pontevedra de Lores, que por certo, fixo unha campaña totalmente personalista en vista do que aportaba a marca BNG. Si estas mareas non se rompen e unha "marea galega" se presenta as xerais, o BNG vai desaparecer do congreso dos deputados de Madrid e nunhas teoricas galegas quedaría como cuarta forza parlamentar, ninguneados e cun papel marxinal. Pero nada eles erre que erre "a traballar" o que importa a xente dalles igual. Van camiño da marxinación total e engananse con tonterias como "volvemos ser a terceira forza". Home claro porque so habia tres marcas que se presentaran en toda GZ. É moi triste a capacidade de autodestruirse da seita UPG.