Baltar presenta en Twitter un renovado goberno provincial

Dos 14 membros do futuro goberno da Deputación de Ourense, nove son novas incorporacións e unicamente hai catro mulleres. O PP obtivo 189.000 sufraxios nesta provincia, case o 44% do total.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 29/05/2015 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Tal e como anunciara o martes o presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, na súa rolda de prensa para valorar os resultados das Eleccións Municipais do domingo, esta semana deu a coñecer tamén os nomes das persoas que conformarán o próximo goberno da Deputación de Ourense.

José Manuel Baltar, presidente do PP de Ourense e da Deputación de Ourense
José Manuel Baltar, presidente do PP de Ourense e da Deputación de Ourense | Fonte: ourensegalicia.blogspot.com

E fíxoo dun xeito nunca visto, a través da súa conta na rede social Twitter. "Son os primeiros candidatos a deputados provinciais que se coñecen en toda España e nunca antes en ningunha provincia se deran a coñecer con tanta antelación", presumen no PP de Ourense. 

Dos próximos 14 deputados provinciais, nove son novas incorporacións, catro deles son mulleres e 11 teñen titulación universitaria. Seis dos catorce son alcaldes e serán investidos como tal o vindeiro 13 de xuño e nove deles teñen menos de 50 anos.

Por A Pobra estará Miguel Antonio Cid, por Bande Plácido Álvarez, por Valdeorras Juan Anta, polo Carballiño Teresa Cerdeira,  por Rivadavia Antonio Montero, por Verín Ana María Villarino e por Ourense Rosendo Fernández, Jorge Pumar, Pablo Pérez, Monteserrat Lama, José Antonio Feijóo, Consuelo Vispo, Manuel Doval e o propio José Manuel Baltar.

O PSdeG contará con 8 representantes provinciais, o BNG con un e Democracia Ourensana con dous grazas aos oito concelleiros apañados na capital e case o 8% dos votos a nivel provincial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta