Esta fin de semana rematou con 40 accidentes de tráfico e 57 persoas implicadas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2023 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

O servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante o fin de semana a un total de 57 persoas implicadas en 40 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre o mediodía do venres e a medianoite do domingo.

En concreto, a Central de Coordinación do 061 recibiu nese período 66 chamadas relacionadas con accidentes de tráfico, que xeraron 40 asistencias. O día con máis sinistros foi o sábado, con 16.

Por provincias, foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes de tráfico, con 20, seguida de Pontevedra, con 8; Lugo, con sete; e Ourense, onde tiveron lugar cinco sinistros. En canto ás vítimas, repartíronse por igual entre homes e mulleres, cun 50% de cada unha. O 34,5% dos feridos tiña entre 30 e 44 anos. Os recursos sanitarios mobilizados foron 57.

Un enfermeiro nun dos helicópteros medicalizados de Urxencias Sanitarias 061 Galicia que acudiu a un accidente / Europa Press / Europa Press
Un enfermeiro nun dos helicópteros medicalizados de Urxencias Sanitarias 061 Galicia que acudiu a un accidente / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta