Abrente pide unha lista unitaria galega para as xerais

Esta corrente do BNG aposta por unha lista con xente de esquerda nacionalista e non nacionalista que teña, entre outros, coma fin, a conformación dun grupo galego propio no Congreso e Senado.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/06/2015 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Abrente, o colectivo que integra aos militantes de Máis Galiza que decidiron quedar no BNG e co que simpatizan rexedores como Sandra González, de Tomiño, ou Fernándo Suárez, de Ribadeo, entre outros, acaba de pedir, abertamente, que o bloque participe e apoie a conformación dunha candidatura unitaria galega con xente de esquerda nacionalista e non nacionalista.

Participantes nun acto de Abrente
Participantes nun acto de Abrente

Con todo, pide que esta lista se reúna arredor dun programa común que, ao menos, asuma como principios a conformación dun grupo galego no Congreso e no Senado , a defensa dos intereses da maioría social, o recoñecemento do dereito a decidir do pobo galego e a rexeneración ética e democrática. 

Nun comunicado, este grupo, que lidera Carlos Aymerich e Ana Luísa Bouza, destaca os resultados acadados en Galicia o pasado 24M e saúda que “unha grande maioría de galegos e galegas apostasen por alternativas políticas que, en clave galega e progresista, debuxan un novo panorama político en Galiza”.

De feito, suliñan que en Galicia haberá tres alcaldes nacionalista xa que, ademais de Miguel Anxo Fernández Lores, do BNG, en Pontevedra, Abrente destaca a chegada de Martiño Noriega, de Compostela Aberta, a Santiago, e de Xulio Ferreiro, da Marea Atlántica, na Coruña. “Pontevedra, Santiago e A Coruña xunto cos doutras decenas de municipios medios e  pequenos, vaian estar gobernados por alcaldesas e alcaldes nacionalistas pertencentes a diversas forzas políticas e candidaturas cidadás”, apunta.

Finalmente, suliña que tamén hai numerosos concellos onde o BNG avanza. Con todo, puntualiza que son naqueles nos que “o Bloque segue a ser percebido como unha 

Varios alcaldes e ex alcaldes do BNG, entre eles Sandra González, de Tomiño; Fernando Suárez, de Ribadeo e o ex alcalde de Teo e futuro rexedor de Compostela, Martiño Noriega, pedían en 2011 un cambio de rumbo da formación nacionalista
Varios alcaldes e ex alcaldes do BNG, entre eles Sandra González, de Tomiño; Fernando Suárez, de Ribadeo e o ex alcalde de Teo e futuro rexedor de Compostela, Martiño Noriega, pedían en 2011 un cambio de rumbo da formación nacionalista

alternativa de goberno viábel, útil e aberta á maioría social. Ese debe ser o camiño para o conxunto do país e para o conxunto da organización”, conclúe.

A posición de Abrente xa a fixo pública, tamén, un dos seus dirixentes, Carlos Aymerich, esta mesma semana, coa que coincide, en parte, outro destacado militante do Bloque e da UPG, Afonso Eiré. Outros, pola contra, como a escritora Marica Campo aposta por manter a liña actual de non pactos con non nacionalistas aínda que iso implique perdir apoio social.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

6 can

Xa empeza o sentidiño polo menos sobre puntos común...agora o de pactar en apoio do PP de Muros non lle vexo ningún sentido....

5 Pacorro

Son Paco Zarzuelas e non vou tolerar ningunha aventura, nen ningunha desviación

4 Pacorro

Son Paco Zarzuelas e non vou tolerar ningunha aventura, nen ningunha desviación

3 Xanti

É unha ocasión única para termos algo forte no congreso.

2 martin

Un aviso a navegantes, el que se junta con los pesegos termina fagocitados, EU, BNG,...