O coruñés Mateo García Guerra, subcampión de Karting en Castela e León

Non se alzou co primeiro posto por un problema mecánico.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 31/10/2023 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

O circuíto de Kotarr, en Tubilla del Lago, foi o escenario da última proba do Campionato de Castela e León de Karting 2023. Un coruñés, Mateo García Guerra, subíase ao segundo posto do podio na categoría senior. Tivera sido campión de non ser por un problema mecánico, pero no mundo do motor poden pasar estas cousas que impiden aos pilotos alcanzar a gloria. Para o piloto da escudaría Dakar era a súa primeira vez neste campionato e con gran resultado. 

Mateo García Guerra piloto karts
Mateo García Guerra piloto karts | Fonte: Cedida

LÍDER ACTUAL DO CAMPIONATO GALEGO DE KARTING

No Campionato de Galicia de Karting 2023 que organiza a Federación Galega de Automobilismo, Mateo García Guerra é o actual líder entre os pilotos senior. xa se disputaron as probas de As Pontes, Outeiro de Rei e queda por diante a decisiva do circuito de A Magdalena en Forcarei. O piloto coruñés lidera a clasificación do autonómico galego con 123 puntos, ante os 89 do que vai segundo, Lucas Merlan Jiménez.

A SÚA TRAXECTORIA NO KARTING 

Mateo García Guerra empezou no mundo dos karts no ano 2021 nunha escola de karting na cidade herculina. No primeiro momento intéfrase no equipo DB Motor Sport do País Vasco competindo con karts Birel Art e comeza a presentarse na liña de saída de carreiras de ámbito estatal. Desde entón a súa progresión foi tan boa que xa é subcampión senior de Castela e León e aspira a selo tamén en Galicia. Con disciplina e esforzo, Mateo compaxina a práctica deportiva cos seus estudos no Colexio Internacional Eirís de A Coruña. 

Aínda que a temporada non rematou e ten por diante o reto de ser campión galego, Mateo García xa pensa no próximo curso e busca ampliar horizontes. "Gustaríame poder competir no campionato galego e no de Castela e León coma este ano, pero tamén quero intentar loitar polo campionato de Valencia e con sorte no campionato estatal. Para iso necesito apoios", apunta o piloto. Agradece ao seu colexio porque sempre "axuda se as competición coinciden con exames" e aos seus patrocinadores xa que "sen eles non sería posible competir a este nivel".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta