O papel da Xunta e da oposición

O conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, é o membro do executivo no que máis se focalizou as responsabilidades da vaga de incendios que padeceu Galicia, especialmente, nesta páxina. Pero segundo os inquéritos urxentes realizados por algún gabinete do Goberno galego, é o único que sae reforzado durante esta crise...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 17/08/2006 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

None

Touriño é o que peor parado sae da crise xunto con Zapatero e a ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona, que é a que peor nota saca. Tampouco aproba o vicepresidente galego, Anxo Quintana, e o líder da oposición, Alberto Núñez Feijóo.

Segundo estes datos, provisionais e sobre unha mostra pequena, os galegos suspenden ó executivo, principalmente, durante os primeiros días da vaga de lumes. Sobre a comparación co Prestige, son maioría os galegos que aseguran que a catástrofe do petroleiro foi moito peor que os incendios dos últimos días. En todo caso, este medio, alerta sobre erros nos datos desta sondaxe pola escasede de datos do seu campo de mostreo.

Asemade, non só un, senon varios xornais, elaboran enquisas que serán publicadas, probablemente, en setembro. Algún mesmo paralizou a que tiña preparada para dar con motivo do ano de goberno tras esta vaga de lumes que modificou a percepción que os galegos teñen do seu executivo. Galiciaconfidencial volve lembrar que borrará todos os comentarios que considere ofensivos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 42 comentarios

27 galizaceibe

E onde estaba Quintana mentres Galiza ardía?

26 Don Enrique

Dom Henrique, baboso do Bloque, na última concentración de Nunca Máis, o 9 de agosto en Santiago, os simpatizantes exhibiron cartei nos que podía lerse "Rajoy debe morrer". Como xa sei que estás de acordo, non vou perder o tempo.

Se o que pasou estes días na nosa terra tivese acontecido cun goberno do PP, estarías queimando a rúa cos teus berros. Pero a un ghoberno amigho, non oh, iso non, pobriños. Suárez Canal, o mellor ministro (!); Touriño, o mellor presidente; Quintana, o mellor feirante...

Dom Henrique, vaia á ...

25 Xosé Castro

A ver, bonitos do Bloque, como xa recolle toda a prensa en Internet, unha nova estimación do CSIC (Consejo Superior de Investigaciones Científicas) cifra en 92.000 as hectáreas queimadas en Galicia.

Xa veremos como queda ao final de proceso a cantidade real. Entrementres, empezade xa a rosmar, a bufar, a ouvear, a miañar, a berrar, etc.

Como dicía o poeta: ladran, pois cabalgamos...

24 Farias

E por qué a min nunca me chaman para facer enquisas como esta? Eu tamén quero opinar carallo...

Por certo, Suárez Canal paréceme con moito, un dos conselleiros máis serios e capaces da actual Xunta, e coido que sería un grave erro que dimitise.

23 jose

Es curioso se ve que algunos se han quedado los pobres muy atrasados en sus conocimientos e ideas.

Siguen hablando de Fuerza Nueva todavía!!!

Y yo me parto, pero conozco una que sí lo es: la UPG, tan democrática y limpia.