O papel da Xunta e da oposición

O conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, é o membro do executivo no que máis se focalizou as responsabilidades da vaga de incendios que padeceu Galicia, especialmente, nesta páxina. Pero segundo os inquéritos urxentes realizados por algún gabinete do Goberno galego, é o único que sae reforzado durante esta crise...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 17/08/2006 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

None

Touriño é o que peor parado sae da crise xunto con Zapatero e a ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona, que é a que peor nota saca. Tampouco aproba o vicepresidente galego, Anxo Quintana, e o líder da oposición, Alberto Núñez Feijóo.

Segundo estes datos, provisionais e sobre unha mostra pequena, os galegos suspenden ó executivo, principalmente, durante os primeiros días da vaga de lumes. Sobre a comparación co Prestige, son maioría os galegos que aseguran que a catástrofe do petroleiro foi moito peor que os incendios dos últimos días. En todo caso, este medio, alerta sobre erros nos datos desta sondaxe pola escasede de datos do seu campo de mostreo.

Asemade, non só un, senon varios xornais, elaboran enquisas que serán publicadas, probablemente, en setembro. Algún mesmo paralizou a que tiña preparada para dar con motivo do ano de goberno tras esta vaga de lumes que modificou a percepción que os galegos teñen do seu executivo. Galiciaconfidencial volve lembrar que borrará todos os comentarios que considere ofensivos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 42 comentarios

2 Uno

Un saúdo agarimoso para todos aqueles "incendiarios" diplomados durante o goberno do PP. Mentres estes gobernaban, sempre entendimos que os políticos debían asumir as súas responsabilidades. Mesmamente como sucede na Europa.

Grazas á última catástrofe acontecida en Galicia, agora descubrimos que era mentira. Pois esa norma xa non vale para socialistas e nacionalistas. Tampouco vale para os mafiosos de Sicilia e para a camorra napolitana.

En Galicia gobernan os burócratas de sempre, os aproveitados e arribistas de toda a vida, incapaces de pensar nos seus erros. Pero as hemerotecas existen, e non poderán borralas, nin botarlles cal viva. Porque os galegos non merecemos un goberno que nos minta...

1 xurxo de sampaio

Non o crees nin ti!!!
Arredemo, esto é boa: así que os culpaveis son aqueles que nin siquera teñen un 1% das competencias. Querido Perrachica, non sei de donde sacas esos datos, pero non os crees nin tí. Diredes o que queirades de Narbona pero é a máis valiente e a que lle chama ás cousa polo seu nome.
Por outra banda: ¿como pode ser que os persoas que lle salvaron o cu a Suarez Canal poden ser as que leven as zotainas?
É increible que agora a culpa a teñan ZP, Narbona e Touriño...
Quintana esixe fotos... pero solo as que lle interesas. Así, escapou como do demo do lume e de Alfredo, este jeta que regresou, din que de Lanzarote, para montar o "voluntariado".
Que pena