Rueda sobre o conflicto dos bombeiros: "Quero que se resolva... a nosa proposta é xenerosa"

O presidente da Xunta di que "todas as partes --Xunta, deputacións e bombeiros-- teñen que ceder" para conseguir un acordo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2023 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

Os bombeiros comarcais anunciaron este venres novas mobilizacións na rúa para pedir a estabilización laboral e mellores medios nos parques comarcais. Un conflicto que leva meses atascado sen que haxa unha solución por parte das administracións, tanto da Xunta, como das deputacións provinciais, que son das que dependen estes profesionais.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda. XUNTA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda. XUNTA | Fonte: Europa Press

Preguntado ao respecto na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o presidente galego lamentou este conflicto e lembrou que xa existe desde a súa época de vicepresidente. "Quero que o conflicto se resolva", indicou. De feito, a dirección xeral de Emerxencias e Interior dependía directamente da súa consellería. "A verdade é que foise mellorando pouco a pouco e de xeito sensible a situación", dixo ao tempo que lembrou que hai xa sete parques comarcais e mellores condicións laborais.

Así, lembrou que hai unha proposta conxunta da Xunta e das catro deputacións, pero que os bombeiros, "ou a súa representación sindical", non está de acordo con ela. "Pero o que non poden facer é dicir non a todo", dixo. "Todas as partes teñen que ceder porque nunha negociación todos ceden e a proposta é xenerosa", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta