A praga da flavescencia dourada da vide esténdese por Galicia e chega tamén a Gomesende e Quintela de Leirado

Esta é unha enfermidade provocada por un fitoplasma e transmitida por un insecto ('Scaphoideus titanus') que pode chegar a causar a morte das cepas.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 17/11/2023 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

A Xunta amplía os concellos con presenza da praga da flavescencia dourada da vide, que se atopa ao Rosal, A Cañiza, Tomiño e Oia (Pontevedra), así como a Cortegada e Pontedeva (Ourense), onde localizaron parcelas infestadas. A zona demarcada tamén se estende os municipios ourensáns de Gomesende e Quintela de Leirado.

Dentro da zona demarcada, os titulares das parcelas nas que se detecte a presenza de plantas infestada ou insectos vectores da enfermidade deberán aplicar canto antes un tratamento insecticida autorizado. As plantas con presenza da praga deberán ser arrincadas e destruídas canto antes. O máis recomendable é que esta destrución se realice in situ.

No caso de que a parcela afectada teña máis dun 20 % de plantas sintomáticas, deberán arrincarse e destruírse todas as plantas da parcela no caso de que as plantas afectadas non estean agrupadas. Sucede o mesmo no caso de zonas abandonadas. Esta é unha enfermidade provocada por un fitoplasma e transmitida por un insecto ('Scaphoideus titanus') que pode chegar a causar a morte das cepas.

Exemplares do insecto 'Scaphoideus titanus', causante da praga da flavescencia dourada da vide. MINISTERIO DE AGRICULTURA
Exemplares do insecto 'Scaphoideus titanus', causante da praga da flavescencia dourada da vide. MINISTERIO DE AGRICULTURA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta