O tuit de Ernest Lluch, a "sección Vox" do PP e os que "pactan con Bildu"

Rueda defende un tuit do PPdeG que o PSdeG cualifica de "ofensivo".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/11/2023 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

O tuit "incendiario" do PPdeG contra unha publicación do deputado socialista Julio Torrado, que lembraba o asasinato do socialista Ernest Lluch, aínda segue dando que falar. Este mesmo mércores, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, saíu en defensa das reaccións do seu partido a este comentario.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, en rolda de prensa.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, en rolda de prensa. | Fonte: XUNTA

O portavoz socialista na Cámara, Luis Álvarez iniciou a súa intervención este mécores cualificando de "atrocidade" a mensaxe publicada en Twitter polo PP no que se descualificaba unha publicación previa do deputado socialista Xullo Torrado lembrando o aniversario do asasinato do ministro de sanidade do PSOE Ernest Lluch a mans de ETA hai 23 anos.

Despois de que o PP falase de "melancolía impostada" dos socialistas galegos, Álvarez emprazou á "sección de Vox" do PP a condenar esta publicación. "Con respecto ao autor desta atrocidade só teño unha valoración, culinaria. Gústame a froita", manifestou en referencia ás palabras coas que a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, asegurou que se referiu ao presidente Pedro Sánchez.

A estas afirmacións Rueda respondeu afeando ao socialistas os pactos da súa formación con Bildu. "Quere que pregunte se hai algún deputado ao que lle repugna pactar cunha organización política que non é capaz de condenar ningún asasinato, incluído o do señor Lluch?", replicoulle para subliñar que "Bildu non condena aos que o asasinaron" e o PSOE "pacta con Bildu".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta