O BNG pide en Bruxelas "resolver a precariedade laboral das enfermeiras" do Sergas: "Europa cuestiona o modelo galego"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2023 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG en Europa, Ana Miranda, fixo un chamamento ao Sergas desde Bruxelas para que "corrixa o modelo de contratación do goberno galego na sanidade pública" e "poña fin os contratos temporais e a precariedade". 

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda con Enfermeiras en loita
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda con Enfermeiras en loita | Fonte: BNG

Esta denunciada foi levada polo colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo hai máis de dous anos e, segundo trasladou o BNG nun comunicado este luns, seis grupos políticos da eurocámara decidiron manter aberta esta demanda que pon sobre a mesa a "vulneración da normativa europea respecto ao abuso de poder da contratación temporal para cubrir necesidades permanentes".

Segundo Miranda, isto significa que "Europa cuestionou o modelo de contratación do goberno galego da sanidade pública", modelo que segundo di, "hai que corrixir". Ademais, o BNG afirmou que é a propia Comisión de Emprego a que "fai un chamamento para resolver a precariedade e respectar os dereitos de traballadoras e traballadores, incluídos os públicos".

Doutra banda, o colectivo Enfermeiras en loita fai tamén un chamamento "urxente" para implantar "máis medidas para pór fin á temporalidade persistente e á precariedade laboral" do ámbito sanitario do Estado español. E é que, segundo o Bloque, "os niveis de temporalidade do persoal sanitario seguen sendo extraordinariamente elevados" a pesar dos procesos de estabilización impostos pola Unión Europea para a aceptación dos Fondos Next Generation.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta