Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/12/2023 | Actualizada ás 10:59
“Do aturuxo ao autotune" é un documentario sobre a relación entre a música tradicional e a música pop. Este documentario audiovisual está elaborado polo alumnado da materia de Oralidade de 3º da ESO do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces.
A peza inclúe unha lembranza de Dorothé Schubarth, musicóloga suíza que en 1980 recolleu varias cancións a veciñas na aldea de Sabrexo que pasaron a formar parte do Cancioneiro Popular Galego. No audiovosual tamén se vincula esta música popular tradicional que aprendemos das avoas coa música pop actual de músicos como Mondra, Xabier Díaz ou as Tanxugueiras.
O audiovisual foi editado por Nerea Fiúza, exalumna do IES Marco do Camballón e gravado en Sabrexo e nas instalacións da radio do instituto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.