A Alianza Europea, da que Galicia forma parte, promove financiamento para proxectos de innovación

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu en Bruxelas á conferencia Vanguard Initiative.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2023 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu este martes en Bruxelas á conferencia de celebración do décimo aniversario da Vanguard Initiative, rede europea dirixida a impulsar a colaboración interrregional en innovación. Neste contexto, anunciouse o lanzamento de Vinnovate, "un innovador instrumento de financiamento para apoiar proxectos de innovación".

"En colaboración interregional orientados a satisfacer as necesidades das empresas, cuxa primeira convocatoria se publicará en 2024", precisan desde a Consellería de Economía.

A Xunta explica que o seu obxectivo, a través da súa participación nesta rede, é buscar oportunidades en Europa para captar fondos e promover a innovación nas empresas galegas.

A directora da Axencia Galega da Innovación, Patricia Argerey Vilar
A directora da Axencia Galega da Innovación, Patricia Argerey Vilar | Fonte: PARLAMENTO DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta