A galega Pilar Cancela nomeada secretaria de Estado de Migracións

O Consello de Ministros aprobou na súa reunión deste martes o real decreto que nomea á socialista.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2023 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

O Consello de Ministros aprobou na súa reunión deste martes o real decreto que nomea á socialista galega Pilar Cancela como nova secretaria de Estado de Migracións, dependente do Ministerio de Inclusión, que dirixe Elma Saiz.

Así, a que fose presidenta da xestora do PSdeG tras a dimisión no seu día de José Ramón Gómez Besteiro --actual candidato á Presidencia da Xunta-- como secretario xeral porase á fronte de Migracións nesta nova etapa do Goberno que dirixe Pedro Sánchez.

Pilar Cancela (Stuttgart, 1967) é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e ten título superior de Prevención de Riscos Laborais. Exerceu como mediadora e foi directora xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia (2002-2003 e 2005-2009). É funcionaria do Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta de Galicia desde 1993.

A deputada socialista Pilar Cancela no Congreso dos Deputados.  EUROPA PRESS/J. Hellín. POOL - Europa Press / Europa Press
A deputada socialista Pilar Cancela no Congreso dos Deputados. EUROPA PRESS/J. Hellín. POOL - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta