Ata 5 quilómetros de retencións na saída de Galicia a Portugal polo festivo da Constitución

Fontes da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) afirma que o peor momento foi pasadas as 12,30 horas do mediodía.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 06/12/2023 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

As miles de saídas programadas para este mércores, festivo polo Día da Constitución en España, xeraron varios quilómetros de retencións na saída de Galicia cara a Portugal pola A-55.

Segundo confirman a Europa Press fontes da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), o peor momento foi pasadas as 12,30 horas do mediodía, cando se chegaron a producir colas de ata cinco quilómetros.

E é que este mércores, 6 de decembro, é festivo en España polo 45 aniversario da Constitución, pero ademais celébrase a feira de Valença do Minho, que xa habitualmente provoca o desembarco de miles de galegos na vila lusa. A isto súmanse todos aqueles que opten por pasar a ponte de decembro en diferentes localidades do país veciño.

Pasadas as 14,00 da tarde, a situación normalizouse e practicamente só queda un quilómetro de atasco a partir do quilómetro 30 da A-55 e os coches están a entrar e saíndo en Tui "con normalidade".No resto da rede viaria galega, tal e como destaca a DXT, a situación é practicamente a habitual dun día festivo.

Afectación ao tráfico na A-55, entre Tui e Portugal./ DXT /Arquivo
Afectación ao tráfico na A-55, entre Tui e Portugal./ DXT /Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta