Temas: MúSICA

Pardiñas trae este ano a bandas de Puerto Rico, Portugal e Escocia

A Asociación Cultural Xérmolos celebra este verán 36 anos organizando o Festival de Pardiñas, preto de Guitiriz, na Terra Chá luguesa. Desta volta esta Festa de Interese Turístico Galego será entre o venres 31 de xullo e o domingo 2 de agosto.

Por GC Tendencias | Guitiriz | 13/07/2015 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

A nivel de música, no Festival de Pardiñas 2015 haberá actuacións de bandas de Escocia (The Dog Rose), Portugal (Oquestrada), Puerto Rico (Segunda Quimbamba, ademais das bandas do país como, entre outras, Sés, O Sonoro Maxín ou Nao. 

Sés
Sés

Estes concertos serán o sábado e o domingo. Antes, o vernres 31 a festa comezará a andar cun taller de Batukada a cargo do Bloquinho de Xérmolos e a partir das 20 horas o tradicional Certame de Cantos de Taberna polos establecementos hostaleiros de Guitiriz. No cartel tamén hai sitio para a tradicional carreira popular e a mostra de instrumentos tradicionais.

Coma sempre, Xérmolos esfórzase en ofrecer as actuacións, programación cultural e deportiva e espazo de acampada totalmente de balde. 

O Sonoro Maxín
O Sonoro Maxín
Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta