Sergas e sindicatos empezan a negociar o sistema de exencións de gardas para facultativos de máis de 55 anos

A mesa sectorial de Sanidade dá luz verde aos complementos para gardas en hospitais, que empezarán a cobrarse o 1 de xaneiro

Por E.P. | Compostela | 22/12/2023 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e os sindicatos acordaron iniciar a negociación do sistema de exencións para a cobertura de gardas de facultativos especialistas de área maiores de 55 anos, que poderán acollerse a esta posibilidade se realizan, polo menos, tres módulos de presenza física fora de horario ordinario.

Esta foi unha das cuestións abordadas na mesa sectorial de Sanidade celebrada este venres coa participación da directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Ana Comesaña, e representanes das organizacións sindicais.

O encontro deu luz verde a algunhas das medidas acordadas no pacto que puxo fin á folga mantida polos facultativos o pasado mes de abril, entre elas, as retribucións de xornada complementaria para os médicos de hospitais que realizan cinco ou máis gardas e que empezará a cobrarse a partir do 1 de xaneiro de 2024.

Ademais, tamén empezará a aplicarse a comezos de ano o complemento de quendas para as quendas de tarde e deslizantes en atención primaria para o persoal que realice este horario e para as quendas deslizantes que, polo menos, realicen dúas tardes á semana.

Por outra banda, a mesa sectorial decidiu conceder unha ampliación do inicio do ciclo anual do concurso de traslados de 2024 para permitir que os profesionais de cinco especialidades que tomaron posesión dos seus cargos con seis meses de atraso.

Edificio da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde
Edificio da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta