Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2024 | Actualizada ás 17:25
'Los sueños del lobo', unha novela gráfica sobre Manuel Blanco Romasanta, o home lobo galego, chegará ás librarías este mes de xaneiro da man do editorial Dolmen.
O guionista Fernando Llor e o ilustrador Isamel Canales son os responsables dunha obra que verá a luz o próximo 11 de xaneiro.
A historia arrinca en 1853, cando Romasanta está a ser xulgado como o asasino en serie máis cruento da historia de España. Atribúenselle 13 asasinatos.
O xuízo complícase cando o acusado di que cometeu os crimes por unha maldición que o transforma nun home lobo.
A noticia difúndese rapidamente e chega mesmo á raíña Isabel II mediante un experto en misterios da mente, que lle asegura que pode entrar na mente de Romasanta, pescudar que o levou realmente a cometer os asasinatos e mesmo curalo, pero para iso solicita ter encontros privados con el.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.