Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 03/01/2024 | Actualizada ás 11:26
Nunha reunión celebrada o venres 29 de decembro, a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocou á Confederación de ANPAS Galegas e a outros representantes de centros escolares galegos para informar sobre a implementación do Protocolo de prohibición do uso de teléfonos móbiles nos centros educativos de Galicia.
Durante a xuntanza, comunicouse que a próxima semana difundirase unha instrución detallada sobre o uso de dispositivos móbiles durante a xornada escolar. Este protocolo estende o marco temporal establecido na normativa de 2015 para a etapa de educación secundaria, abarcando agora os recreos, tempos de comedor, entradas e saídas, así como actividades complementarias e extraescolares organizadas polos centros.
A Confederación de ANPAS Galegas expresou a súa preocupación e lembrou a súa oposición a medidas prohibitivas tal e como se comentou na reunión anterior. Haberá que esperar á versión final do documento para avaliar se se tivo en conta a proposta de enfocarse na formación tanto do alumnado como do profesorado e as familias, promovendo un uso responsable de dispositivos electrónicos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.