Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2024 | Actualizada ás 12:32
O líder de Vox, Santiago Abascal, ten a intención de participar este domingo 21 de xaneiro no acto de presentación de candidatos ás eleccións galegas do próximo 18 de febreiro.
Segundo publicita a formación, o acto terá lugar no Hotel Galicia Palace de Pontevedra ás 12,30 horas e, ademais de Abascal, participarán a cabeza de cartel por Pontevedra e candidato a presidir a Xunta, Álvaro Díaz-Mella. Tamén estarán as cabezas de lista de Vox pola Coruña, Manuel Fontes; Ourense, María Jesús Fernández; e Lugo, Sonia Teijeiro.
Abascal coincidirá en Galicia o domingo con outros dous líderes estatais: o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que estará na convención do seu partido na Coruña; e o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, que vai clausurar a Interparlamentaria que os populares organizaron en Ourense.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.