Unha das prazas de pediatra no Carballiño cubrirase "de maneira inmediata"

A segunda "seguirá ofertándose".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2024 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, comprometeuse cos alcaldes da comarca do Carballiño a manter as dúas prazas de pediatría do centro de saúde da localidade. Con todo, só una delas cubrirase "de maneira inmediata" cun profesional estable, mentres que a segunda "seguirá ofertándose", xa que por agora mantense vacante.

En concreto, a praza que pasará a estar cuberta ofreceuse por un concurso de méritos --sen oposición-- convocado pola Xunta. Segundo Comesaña, xa hai un candidato e "en cuestión de semanas" terá esta praza "en propiedade". A segunda está vacante e á espera de ser asignada, pero o conselleiro asegurou que a praza "seguirá ofertándose a calquera médico especialista en pediatría que queira ocupala".

Mentres tanto, o conselleiro afirma que a atención pediátrica "está garantida", posto que o centro de saúde conta cunha profesional especializada en puericultura --prácticas relacionadas coa crianza e coidado dos nenos-- "para traballar a tempo completo", así como outro profesional que, en función da demanda, "dará resposta ás necesidades asistenciais".

Así mesmo, Comesaña recalcou que se alguén solicita unha cita de pediatría no centro de saúde do Carballiño, "a cita daráselle para o mesmo día".

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña | Fonte: Xoán Crespo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta