Mar critica que segue sen saber "nada" do Goberno da declaración de zona catastrófica das rías

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2024 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

A Consellería do Mar critica que "segue sen saberse nada" por parte do Goberno central sobre a petición de Galicia para que se declaren como zonas catastróficas as rías galega pola mortaldade do marisco debido ás choivas do pasado outono.

Este sábado, o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, reuniuse con profesionais do marisqueo da confraría do Grove dentro da rolda de contactos para explicar as axudas extraordinarias e liñas do plan de acción que mobilizarán 123 millóns para esta actividade entre 2024 e 2025.

Así, Villares comprometeu o seu apoio ao sector e instou aos profesionais do Grove a enriquecer o Plan de Competitividade e Sostibilidade do Marisqueo en Galicia 2024-2025. Esta estratexia recolle 4 millóns en axudas directas a 7.000 mariscadores, tanto a pé como á boia, este mes de febreiro, unido a 10 millóns do Fempa por paradas temporais e 400.000 euros para entidades representantivas do sector.

O conselleiro do Mar no Grove. XUNTA
O conselleiro do Mar no Grove. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta