Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2024 | Actualizada ás 20:03
A Xunta Electoral de Galicia arquivou a denuncia do PSdeG contra a Xunta de Galicia, o presidente e candidato Alfonso Rueda e Turgalicia pola publicación do vídeo de Turgalicia 'Pídeche Galicia'. A denuncia esgrime que o vídeo foi creado pola Xunta, pero non foi publicado nin por eles nin por Turgalicia, "senón que en ambos os casos fan unha republicación da publicación orixinal feita por Alfonso Rueda".
Tras analizar a denuncia, a XEG considera que o vídeo non ten contido electoralista, nin se recollen alusións a logros nin a actuacións do goberno galego, e aseguran que a mensaxe é "puramente promocional". Ademais, apuntan que o vídeo denunciado forma parte das campañas promocionais que se realizan en Galicia desde 2019 e, en relación á súa difusión, sinalan que foi posto a disposición dos medios de comunicación e que a publicación de Rueda "non alterou nin transformou o seu contido". Por todo iso, non consideran que o vídeo incorrese en infracción electoral.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.