Aparece unha vertedura de combustible na praia de Coroso, en Ribeira

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2024 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencias tratan de esclarecer a orixe e o alcance dunha vertedura de combustible detectado este luns na praia de Coroso, nas proximidades do peirao do municipio coruñés de Ribeira.

Segundo informou o 112 Galicia, un particular daba aviso á central de emerxencias sobre as 18,30 horas de que visualizara un obxecto, que non podía identificar, flotando no mar nesta localización. Ao ter coñecemento deste feito, os operadores do 112 trasladaron esta información a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia, que desprazaron varias embarcacións ao momento para tratar de pescudar de que se trataba.

Ademais, tamén foron informados os membros do GAEM e os Bombeiros de Ribeira, os axentes da Garda Civil, da Policía Local e Autonómica, e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Con todo, o persoal de Salvamento confirmou posteriormente que a aparición deste obxecto, que resultou ser un bidón, nada ten que ver coa vertedura de combustible estendido pola praia de Coroso. Así, tras atopar esta vertedura, foi informado o Servizo de Protección da Natureza (Seprona), aínda que pola falta de luz non foi posible comprobar o alcance da mancha, que os servizos de emerxencia esperan concretar este martes.

Destrución na praia de Coroso, en Ribeira, de cinco niños de píllara das dunas, especie en perigo de extinción
Destrución na praia de Coroso, en Ribeira, de cinco niños de píllara das dunas, especie en perigo de extinción | Fonte: María Vidal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta