Detidas tres persoas en Caldas de Reis cando transportaban un quilo de haxix nun vehículo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2024 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo a tres persoas a pasada madrugada, tras ser sorprendidas nun control en Caldas de Reis transportando un quilo de haxix nun vehículo.

Segundo informaron fontes da Comandancia, o tres supostos delincuentes foron interceptados nun control nunha peaxe da autoestrada AP-9. Nese control, os axentes inspeccionaron o habitáculo do vehículo e atoparon, baixo o asento do condutor, unha bolsa de plástico en cuxo interior había un paquete envolto en cinta de embalar, e que contiña un quilo de haxix.

Dentro do paquete había 10 placas desta sustancia, cunha etiqueta e unha foto dunha planta de cannabis. Ao detectar o nerviosismo dos ocupantes do coche, os axentes pediron reforzo de varias patrullas, e procedeuse á detención destas tres persoas.

Trátase de tres homes de 22, 39 e 42 anos de idade, veciños de Ourense, Santiago e A Coruña, investigados como supostos autores dun delito de tráfico de drogas. As dilixencias serán remitidas ao xulgado de Caldas de Reis, onde deberán comparecer os investigados cando sexan citados.

Placas de haxix intervidas nun control en Caldas de Reis o 19 de febreiro de 2024
Placas de haxix intervidas nun control en Caldas de Reis o 19 de febreiro de 2024 | Fonte: Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta