O alcalde de Pontevedra reúnese coa ministra Ribera co viario de Mollabao e a Xunqueira de Ponte Sampaio no centro das demandas

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), avanzou os asuntos que, xunto co concelleiro César Mosquera, porán sobre a mesa este mércores, 21 de febreiro, na reunión prevista en Madrid coa vicepresidenta do Goberno e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 20/02/2024 | Actualizada ás 16:52

Comparte esta noticia

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), avanzou os asuntos que, xunto co concelleiro César Mosquera, porán sobre a mesa este mércores, 21 de febreiro, na reunión prevista en Madrid coa vicepresidenta do Goberno e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera.

"Esperamos chegar a acordos e estamos convencidos de que imos chegar a bo porto", dixo o alcalde. En rolda de prensa, o rexedor repasou este martes os temas que serán tratados nesa reunión, e que xa foron adiantados nun dossier ao equipo da ministra. Son asuntos que se centran na recuperación ambiental dos terreos de dominio público marítimo terrestre, a loita contra o cambio climático ou "a mellora na calidade de vida das persoas". "Esperamos, de maneira sincera, vir satisfeitos desta viaxe", insistiu.

Segundo enumerou, trátase de proxectos como o viario de Mollabao (cuxa construción está pendente da autorización de Costas), a recuperación da Xunqueira de Ponte Sampaio, o Espazo Natural de Interese Local (ENIL) da Xunqueira de Alba/Gándara (pendente de cesións de terreos do Estado para a rexeneración da zona).

Tamén citou Lores, o Pavillón Municipal dos deportes e os seus terreos contiguos así como a parcela do aparcadoiro disuasorio situado enfronte, igualmente, exporá a situación doutras parcelas dotacionais municipais localizadas na zona do Campus universitario e a solicitude de concesión dos antigos terreos da construtora Malvar.

Doutra banda, o alcalde tamén querería dedicar algún tempo para falar coa ministra dalgunhas propostas de actuación como a recuperación da canle interior da illa das Esculturas, a rexeneración da Enseada de Ulló, a posibilidade de crear unha praia urbana dentro dun proxecto de posta en valor da Xunqueira da Gándara, demandar a execución da segunda metade do paseo a Marín e estudar a posibilidade de que a rexeneración da Xunqueira de Pontesampaio sexa executada polo Ministerio.

Por último, o alcalde deixa a porta aberta a falar dos proxectos dos que poida ter constancia o Ministerio de Transición Ecolóxica como son os englobados dentro da estratexia Pontevedra Flúe, abandeirada polo grupo municipal socialista. Segundo manifestou o alcalde, quere coñecer os proxectos ou anteproxectos dos que teña constancia o Ministerio baixo esa etiqueta Pontevedra Flúe. "Queremos falar disto, e coñecer cales son estes proxectos", dixo Lores. "Todos os proxectos que sexan factibles, razoables e que poidan ser financiados a través do Ministerio serán benvidos, pero temos que saber de que diñeiro dispomos, cales son as esixencias e demais asuntos", concluíu.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, durante unha moción de confianza, no Concello de Pontevedra, a 8 de xaneiro de 2024
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, durante unha moción de confianza, no Concello de Pontevedra, a 8 de xaneiro de 2024 | Fonte: Beatriz Ciscar - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta