A economía galega: sobe o sector servizos, pero baixa a industria

A facturación do sector servizos aumenta un 3 % en Galicia en 2023, máis que a media estatal. Pola contra, a facturación da industria galega caeu un 2,9 % en 2023.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 21/02/2024 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

A facturación do sector servizos aumentou un 3,2 % en Galicia en 2023 en comparación con 2022, por encima do 2,4 % de avance medio no país, segundo informou o Instituto Nacional de Estatística (INE) este mércores. Deste xeito, o sector servizos galego encadea tres anos consecutivos de incrementos, aínda que minora o seu ritmo de crecemento fronte ás acusadas subidas de 2022 (26 %) e 2021 (17,8 %). O último dato negativo rexistrouse en 2020, ano de inicio da pandemia, cando houbo un esborralle do 13,6 %.

No tocante só ao mes de decembro, hai un descenso interanual do 0,8 % en Galicia, similar ao dato estatal (-0,7 %). Pola súa banda, o emprego no sector servizos creceu un 1,1 % en Galicia ao longo de 2023, case un punto menos que a media de alza do 1,9 % no Estado. No caso galego, tamén se crea menos emprego que o 2,5 % que se anotou en 2022.

Arquivo - Varios clientes sentados na terraza dun establecemento, a 31 de xullo de 2021, na Mariña, Lugo, Galicia (España). A zona da Mariña Lucense, que se sitúa na provincia de Lugo e abarca os concellos de Alfoz, Barreiros, Burela,. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Varios clientes sentados na terraza dun establecemento, a 31 de xullo de 2021, na Mariña, Lugo, Galicia (España). A zona da Mariña Lucense, que se sitúa na provincia de Lugo e abarca os concellos de Alfoz, Barreiros, Burela,. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

INDUSTRIA

Pola súa banda, a facturación da industria galega caeu un 2,9 % en 2023 en comparación con 2022, un descenso máis acusado que o da media española (-1,9 %), segundo os datos publicados polo o Instituto Nacional de Estatística (INE) este mércores. Este descenso rompe con dous anos consecutivos de incrementos medios de vendas da industria en Galicia con crecementos a dobre díxito, pois a última cifra de negocios negativa produciuse o ano de comezo da pandemia, en 2020. No tocante só ao mes de decembro, hai unha baixada do 11 % na industria galega respecto ao mesmo mes de 2022. Tamén máis un descenso máis acusado que o da media española (-8,7 %).

MÁIS DE 450 NOVAS EMPRESAS

O mes de xaneiro deixou un total de 451 novas empresas en Galicia, un 25% máis que no mesmo período de 2023, segundo o Estudo sobre Demografía empresarial realizado por INFORMA D&B. O capital investido para constituír estas empresas aumentou nun 96 %, de maneira que en xaneiro de 2023 investíronse 30 millóns de euros, fronte aos 58 millóns deste xaneiro, dos cales 46 corresponden ao capital de Nortea CIES SL, constituída en Nigrán.

Estes datos son máis altos que na media estatal, cuxo porcentaxe de constitucións de empresas subiu nun 20 % e cuxo capital investido ascendeu un 95 %. Os dous sectores con máis empresas formadas en Galicia foron do comercio e o da construción e de actividades inmobiliarias, 96 e 93 respectivamente. Por provincias, A Coruña suma 181; Lugo, 52; Ourense, 30; e Pontevedra, os 188 restantes.

Galicia atópase quinta en relación ao número de empresas creadas en xaneiro (destacan Madrid, Cataluña, Andalucía e a Comunidade Valenciana). Con todo, só Asturias, Ceuta e Estremadura crecen por encima do 25 %. Madrid tamén encabeza o investimento de capital en xaneiro con 249 millóns de euros, un avance de case o 107 %. Andalucía é a seguinte con 242 millóns de euros, un incremento de case o 129 % neste caso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta