Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2024 | Actualizada ás 10:32
Gonzalo Pérez Jácome vai contar pouco na Cámara galega. En todo caso, o seu representante, Armando Ojea, o que servirá é para "amenizar" algunhas sesións plenarias, pero pouco maís. O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, xa deixou claro que "será difícil" chegar a acordos con Democracia Ourensana, pero que el vaino "tentar".
"Por tentalo non será", dixo Rueda, en declaracións aos medios antes de entrar na xunta da xestora provincial do partido, á que acudiu para "agradecer" o apoio dos ourensáns ao PP nas eleccións do pasado domingo, 18 de febreiro. Preguntado sobre o papel que xogará DO, o partido do alcalde da cidade das Burgas, Gonzalo Pérez Jácome, tendo en conta que non será decisivo nas votacións, o líder do PPdeG respondeu que buscará "gobernar para todos, e iso inclúe, por suposto, aos votantes de Democracia Ourensá".
"Por tentalo non será. A outra parte terá que decidir que papel quere xogar unha vez que está claro que decisivo non vai ser", sentenciou, acompañado do presidente da xestora provincial, Luís Menor.
"UN DE CADA DOUS" VOTOS EN OURENSE
En todo caso, Rueda sacou peito dos resultados en Ourense, polo que non necesita o apoio de ninguén . Así, lembrou que conseguiu un 49,9% do voto o pasado domingo, "un de cada dous" sufraxios emitidos e o "segundo maior" porcentaxe do catro provincias, só superado polo de Lugo. "Por tanto, é moi de agradecer", dixo, para seguidamente lembrar que tiveron "case 3.000 votos máis" que en 2020 e "case 20.000 votos de diferenza" con respecto aos que sumaron o PSOE e o BNG.
XESTORA
Por outra banda, o presidente da xestora provincial do PP de Ourense, Luís Menor, ratificou que "inmediatamente" se abrirá o proceso para "dar voz" a "a militancia" co obxectivo de escoller unha nova dirección despois da marcha do anterior líder orgánico, Manuel Baltar, en outubro de 2023.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.