Por Galicia Confidencial | LUGO | 25/02/2024 | Actualizada ás 12:27
Lugo acolleu este sábado a segunda proba do Campionato de España de Motocross, que se disputou no circuito Jorge Prado, onde ao mesmo tempo se realizou unha homenaxe ao piloto lucense vixente campión do mundo de MX1. Nunha xornada marcada polas inclemencias do tempo (as probas que se ían celebrar este domingo tiveron que concentrarse todas no sábado), onde o circuíto contaba con condicións cambiantes ante chaparróns que cesaban uns poucos minutos en cada manga, Jorge Prado conseguiu levarse a vitoria en MX1 despois de tocarse en pista co seu máximo rival, o vigués Rubén Fernández.
Os dous pilotos galegos non se gardaron nada e deron un verdadeiro espectáculo. E, aínda que saiu vitorioso o de GasGas na clasificación e no gran premio, o de Honda levouse a primeira manga. Con todo, Jorge Prado logrou remontar durante a segunda e desfacer o empate. Polo de agora, José Antonio Butrón, que onte finalizou cuarto, segue a ser o líder xeral do campionato, pero a partir do 8 de marzo, Jorge Prado e Rubén Fernández levarán a súa loita particular ao Mundial, que comeza en Arxentina, e no que Prado defenderá a súa actual posición como campión do mundo.
Lugo converteuse así este sábado na festa do deporte de motor sobre dúas rodas, con cheo total do público. Nin sequera as intensas choivas e o tempo desapacible, que convertiron a contorna do circuito nun verdadeiro lamazal, foron quen de impedir que miles de persoas desfrutasen da velocidade, a altura e o gas. A maioría destacaban a altitude á que conseguían saltar os pilotos ao pasan polas rampas de terra, a pesares do desfeitas que estaban como consecuencia das choivas. Toda unha delicia para os asistentes, que vían como os seus pilotos preferidos sobrevoaban (literalmente) o ceo lucense.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- (Vídeo) Outro reto da atleta Maite Rojo: primeira clasificada española no Ultrabalaton, en Hungría
- 25 anos de deporte e inclusión: Special Olympics Galicia chega a Santiago
- Case 200 persoas con discapacidade intelectual participan este sábado en Santiago nos Special Olympics Galicia
- Caballero inicia con hostaleiros e taxistas unha rolda de reunións sobre a exclusión de Vigo do Mundial 2030
- O Celta deixa Vigo para comezar "de maneira inmediata" o seu megacomplexo deportivo en Mos
- Os concellos galegos gastaron máis de 125 millóns de euros en deporte en 2023