(Vídeo) Así foi a gran bóla de lume que atravesou Galicia esta fin de semana

Trátase dunha Delta Leónida que tamén foi vista en Asturias, Castela e León e o norte de Portugal.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/03/2024 | Actualizada ás 10:39

Comparte esta noticia

Unha enorme Delta leónida, ou bóla de lume, atravesou Galicia, Asturias, Castela e León e o norte de Portugal e foi vista por numerosas persoas o pasado sábado sobre as 22.00 horas.

Bólido visto nos ceos de Galicia
Bólido visto nos ceos de Galicia | Fonte: Tuiter

Pouco despois a Rede de Investigación de Bólidos e Meteoritos confirmaba o avistamento tras quedar gravado na estación que ten en Navianos de Valverde, en Zamora, e apuntaba que se trataba dunha Delta Leónidas.

As Delta-Leónidas (DLE) reciben o seu nome pola proximidade da estrela delta da constelación de Leo. Foi vista por primeira vez por W. F. Denning en 1911 e trátase dunha choiva de meteoros, ou bólas de lume, que duran entre o 15 de febreiro e o 10 de marzo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta