Máis de cincuenta fotos compoñen unha mostra sobre o regreso dos restos de Castelao a Galicia

A mostra estará no Museo de Pontevedra e as fotografías son de Xan Carballal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2024 | Actualizada ás 20:46

Comparte esta noticia

Unha exposición repasa no Museo de Pontevedra a través de 52 fotografías de Xan Carballal o polémico regreso dos restos do político e creador rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, repatriados desde Arxentina en 1984 para ser depositados no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval, en Santiago.

A mostra, que pode visitarse ata o 2 de xuño, enmárcase na conmemoración do 40 aniversario da volta dos restos de Castelao a Galicia, que se viu inmersa nunha polémica política e social durante os primeiros anos de autonomismo.

A repatriación de Castelao, falecido en 1950 no desterro de Arxentina onde se exiliou tras o golpe de estado do 36 do 18 de xullo de 1936, menos dun mes despois da aprobación en plebiscito, nunca referendada nas Cortes, do Estatuto de Autonomía de Galicia o 28 de xuño.

Precisamente esa foi a data elixida para o acto de regreso a terra galega dos restos de Castelao, unha xornada que derivou en incidentes no aeroporto de Lavacolla, lanzamentos de ovos aos políticos que asistían ao acto protocolario e cargas policiais nos arredores de San Domingos de Bonaval, onde se sitúa o Panteón de Galegos Ilustres onde, desde entón, descansan os restos do político galeguista xunto aos de Rosalía, Pondal, Asorey, Ramón Cabanillas ou Domingo Fontán.

Todo iso foi recollido en instatáneas polo fotógrafo Xan Carballal para o desaparecido diario A Nosa Terra. Agora, parte desa reportaxe fotográfica pode visitarse nunha exposición que se complementa con material como o pasaporte dipolomático de Castelao como ministro do goberno da República no exilio ou o expediente aberto polas autoridades franquistas contra o pensador nado en Rianxo.

INAUGURACIÓN

Durante a inauguración, o conselleiro de Cultura en funcións, Román Rodríguez, destacou a figura de Castelao por "ser símbolo de concordia e unión de todos os galegos, ademais de ser o pensador e autor máis emblemático de Galicia no século XX, pero tamén una das figuras crave da evolcuión institucional e democrática galega", segundo recolle un comunicado da Xunta.

Para Rodríguez, Castelao "ocupaba e ocupa no imaxinario popular galego como emblema de fraternidade". "Fronte á confrontación, Castelao é un símbolo no que se atopan as distintas sensibilidades que hoxe son parte de Galicia", sinalou.

Pola súa banda, o presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, tamén enxalzou o legado do rianxeiro que, segundo o mandatario provincial, volveu a unha Galicia "que era outra" distinta á que había cando deixou a súa terra perseguido pola súa actividade política.

Retrato De Castelao
Retrato De Castelao | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta