As Anpas galegas de educación especial xa poden solicitar as axudas para financiar as súas actividades

O prazo está aberto ata o día 4 de abril.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2024 | Actualizada ás 16:59

Comparte esta noticia

O prazo para que as Anpas de educación especial soliciten as axudas para financiar as súas actividades está aberto ata o día 4 de abril. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a convocatoria desta liña para a que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades habilitou unha partida de 66.298 euros, un 10 % máis que no ano anterior.

As axudas están destinadas tanto para a realización de actividade como para sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións que se orixinen no período subvencionado. A subvención é compatible con outras subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións públicas ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais. As entidades interesadas dispoñen de prazo ata o próximo 4 de abril para facer a correspondente solicitude que deberán presentar por medios electrónicos.

Nenos, nenas, adolescentes e mozas en situación de vulnerabilidade
Nenos, nenas, adolescentes e mozas en situación de vulnerabilidade | Fonte: ALDEAS INFANTÍS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta