A USC, no top 1000 das universidades mundiais

Segundo o QS World University Ranking, a Universidade de Santiago sitúase no posto 551-600.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/09/2015 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

A USC mantense entre as top 1000 do mundo e no grupo das universidades españolas destacado na edición 2015-2016 do QS World University Rankings. A institución compostelá sitúase no intervalo 551-600 e como a décimo terceira universidade española, empatada coa de Salamanca. 

Estudantes no Pazo de San Xerome, sede da USC
Estudantes no Pazo de San Xerome, sede da USC | Fonte: sostenibleycreativa.org

Este ránking recolle para a súa elaboración 121.000 respostas a enquisas, tomando en consideración máis de 3.500 universidades, das que finalmente se destacan preto de 900 institucións de todo o mundo. Xa en ámbitos temáticos concretos, a Universidade compostelá ascende ao intervelo 201-250 en Linguas Modernas, ao 251-300 en Lingua e Literatura Inglesa e en Estudos Ambientais, e ao 301-400 en Matemáticas e en Medicina.

O principal obxectivo desta listaxe é axudar aos estudantes a realizar comparacións documentadas entre universidades ao redor de todo o mundo. Para a clasificación empréganse seis indicadores agrupando as universidades pola súa capacidade investigadora, perfil docente, empregabilidade e internacionalización. Os indicadores aluden á reputación académica (40% da cualificación final), ratio alumno/profesor (20%), índice de citación a través de Scopus (20%), reputación entre empregadores (10%), ratio de profesorado estranxeiro (5%) e alumnado estranxeiro (5%). 

No apartado das institucións españolas figuran, ademais da USC, as universidades de Barcelona, Autónoma de Barcelona, Autónoma de Madrid, Complutense, Navarra, Pompeu Fabra, Politécnica de Cataluña, Carlos III, Politécnica de Madrid, Politécnica de Valencia, Granada, Zaragoza, Sevilla, Valencia, Salamanca, Alcalá e Murcia. A posición colectada pola Universidade de Santiago neste ránking internacional segue unha traxectoria similar á acada en semanas pasadas cando o ranquing de Shanghai (ARWU) situou á de Compostela entre as 500 universidades máis importantes do mundo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xosé

Temos tres universidades con moiyo k mellorar pero k fan maravillas cos cartos k se oonhen nelas. A minha pregunta asi e todo é: o dia k saquen un ranking coas 5000 primeiras tamen as imos sacar en titulares? Home, noticia, noticia seria k estivesen entre as 100 primeiras sistematicamente... pero en fin, vivan os 20 grupos k ponhen á USC nos rankins, sexan os k sexan. A vet se un dia a USC fai algo cos restantes grupos de investigacion...