Están a falar dun problema educativo e faino xente que non viu un libro de didáctica da lingua ou de pedagoxía na súa vida. Agardo que cando suba nun avión as maobras de aterraxe e despegue as decida a tripulación piloto e non a asemblea da pasaxe porque como dí o dito: "A gaita elle prao gaiteiro". Estes son os mesmos que hai ben pouco multaban aos taxistas por escibir Rianxo no coche e non "Rianjo"; que veranean en "Sangenjo"; e que se lavan con xabrón "La Toja". Xente iletrada que non comprende que hai outras linguas no mundo e nen son mellores nen peores que a súa. Que se pode aprender matemáticas en chino, finés, galego, inglés... e incluso, se me apuran, en español!. E tampouco entenden que o dereito ao ensino é do alumnado e non dos seus pais, nais ou titores espirituais. Eu non perdería un segundo con esta tropa que é carne de youtube.