Universitarios galegos debaten sobre a Intelixencia Artificial na fase clasificatoria do Parlamento Xove 2024

Os 40 participantes debateron sobre o papel dos Estados no desenvolvemento da IA.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2024 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

Un total de 12 equipos dos campus universarios de Santiago, A Coruña e Vigo debateron sobre a Intelixencia Artificial (IA) na fase clasificatoria do programa Parlamento Xove 2024. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, estivo este sábado cos integrantes do equipo no evento que se celebra na Residencia de Tempo Libre da Xunta.

Segundo informou o Executivo galego, son 40 os mozos que nesta fase, na que a pregunta de debate sobre a que tiveron que argumentar a favor ou en contra foi 'Os Estados deben tomar medidas para limitar o desenvolvemento da intelixencia artificial?'. Pola súa banda, as fases da ESO e Bacharelato xa se celebraron. Os resultados dos centros que pasaron á final pódense consultar na páxina web de Xuventude.

Este programa é unha iniciativa da Consellería de Política Social e Xuventude plenamente consolidada e desde o seu inicio debateron 518 equipos de centros escolares de ESO ou Bacharelato e 48 de universidades, nos que participaron 2.762 persoas entre estudantes e profesorado.

A esta cifra hai que sumar os 57 equipos e 223 participantes desta edición en curso.

Muller e intelixencia artificial
Muller e intelixencia artificial | Fonte: Commons

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta