Democracia Ourensana non desvela se votará por Rueda na investidura: "Imos manter un pouco a tensión"

Armando Ojea di que a súa postura está sempre consensuada con Gonzalo Pérez Jácome.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/04/2024 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

O deputado de Democracia Ourensana (DO), Armando Ojea, asegurou que non desvelará o seu voto ata a sesión da investidura do presidente da Xunta. "Imos manter un pouco a tensión", sostivo.

O presdiente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalines, recibe ao deputado de Democracia Ourensá, Armando Ojea, na rolda de consultas previa á investura do presidente da Xunta
O presdiente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalines, recibe ao deputado de Democracia Ourensá, Armando Ojea, na rolda de consultas previa á investura do presidente da Xunta | Fonte: Europa Press

Ojea foi o primeiro dos representantes das forzas políticas con representación parlamentaria en participar este martes na rolda de consultas iniciada polo titular do Lexislativo galego, Miguel Santalices, para investidura do próximo presidente da Xunta.

Tras lembrar que o propio presidente da Cámara galega é tamén ourensán, Armando Ojea subliñou que a prioridade de Democracia Ourensá é reverter a situación de "discriminación" que vive a provincia. "Esperamos que nesta lexislatura, polo menos no sentido parcial, esta discriminación sexa cada vez menor", dixo.

Neste sentido, o parlamentario de DO confiou en que o próximo goberno da Xunta teña en conta a mensaxe trasladada polos electores da provincia ao situar á súa formación na Cámara galega. Aínda que destacou que xa ten decidido o sentido do voto e comunicoullo ao presidente da Cámara galega, asegurou que non o desvelará ata a propia sesión de investidura co obxectivo de "manter un pouquiño a tensión".

JÁCOME

Ojea asegurou a súa participación na xornada de constitución das comisións parlamentarias, celebrada este luns e na que asegurou que sentiu "cómodo", fíxolle reafirmar o sentido do seu voto.Ademais, preguntado se a postura foi acordada co alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, dixo que el e o rexedor pensan "practicamente sempre o mesmo". Con todo, sinalou, neste caso, aínda que conversou co seu compañeiro de partido, a decisión é súa.

"Desde o momento que fundamos o partido mantemos unha interacción e unha conversa constante, pero Jácome non está agora mesmo aquí coñecendo os pormenores do funcionamento deste Parlamento", afirmou para sinalar que Jácome confía nas súas decisións do mesmo xeito que el confía nas do rexedor.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta