Formalizado o contrato das obras para mellorar a eficiencia enerxética do túnel de Folgoso na A-52

A actuación será financiada con fondos NextGeneration EU.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2024 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable formalizou o contrato por 4,7 millóns de euros, das obras para realizar actuacións de aforro e eficiencia enerxética do túnel de Folgoso, situado entre os quilómetros 277,6 e 281,9 da autovía A-52, no termo municipal da Cañiza. Así o informou este venres o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, e con estas actuacións espérase un aforro enerxético anual próximo ao 70%.

Desta forma, explicou que a actuación contempla a mellora na regulación lumínica do túnel e a instalación dunha nova planta fotovoltaica. Ademais, substituirán as actuais luminarias incluíndo novas dotadas de tecnoloxía LED naquelas que forman a iluminación permanente e de reforzo, así como os de sinalización, galerías de evacuación, locais técnicos e Centro de Control, en todos os casos mantendo as localizacións actuais.

As obras teñen un prazo de execución de 16 meses e foron adxudicadas á empresa Matinsa-FCC Industrial. A actuación será financiada con fondos NextGeneration EU no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Abel Losada, novo subdelegado do Goberno na provincia de Pontevedra
Abel Losada, novo subdelegado do Goberno na provincia de Pontevedra | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta