Galicia e o norte de Portugal buscan novos turistas en Canadá

O Clúster Turismo de Galicia e Norte de Portugal colaboran na promoción da Eurorrexión como destino MICE (turismo que viaxa por seminarios, eventos e similar) entre operadores de Canadá.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2024 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

O Clúster Turismo de Galicia e Norte de Portugal colaboran na promoción da Eurorrexión como destino MICE (turismo que viaxa por seminarios, eventos e similar) entre operadores de Canadá. Así, unha ducia de empresas galegas participaron este luns nun workshop para dar a coñecer a súa oferta a un grupo de operadores canadenses.

Segundo explican nun comunicado, este encontro é unha das actividades do fantrip organizado por Turismo Porto e Norte de Portugal coa colaboración do Clúster e da Axencia Turismo de Galicia. O Workshop pon fin á visita a Galicia do oito operadores canadenses, que comezou o pasado venres en Santa Cruz (Oleiros) e continuou pola Coruña e Santiago para acabar este luns en Vigo. Previamente, o grupo de operadores canadenses percorreron O Porto, Vilanova de Gaia e Matosinhos durante tres días.

A Catedral de Santiago de Compostela
A Catedral de Santiago de Compostela | Fonte: César Arxina - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta