A acusada de matar o seu marido en Monfero alega un pacto de suicidio: "Fomos os dous os que quixemos irnos"

A defensa sostén que foi un "acto propio" da vítima e solicita a absolución e Fiscalía pide 26 anos de prisión.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2024 | Actualizada ás 15:33

Comparte esta noticia

A septuaxenaria acusada de matar o seu marido, en xullo de 2021 en Monfero, alegou a un pacto de suicidio, na súa intervención final antes de dar por concluído o xuízo celebrado esta semana, na Audiencia Provincial da Coruña, con Tribunal do Xurado, para rexeitar que asasinase o home, como sostén Fiscalía.

"Fomos os dous os que quixemos irnos, pero adorabámonos en todos os sentidos, era un home bo e traballador, por que tiña que matalo, iso é un imposible", sentenciou para asegurar que se admiraban o un ao outro. "Non puiden dicirlle á enfermeira que eu matei o meu marido porque me decatei de que morrera ao día seguinte", aseverou tamén.

Así o manifestou despois de que Fiscalía mantivese a petición inicial de 26 anos de cárcere para a muller fronte á defensa que pide a absolución para a súa clienta. "Participou de forma activa, é un acto propio, non hai estrataxema de engano", dixo o letrado da defensa, na última sesión do xuízo, sobre a vítima en primeiro lugar e en referencia despois á súa defendida. Desta última, expuxo, ademais, que "non está acreditado o feito físico de que lle dese as pastillas" que ocasionaron a morte ao marido, que presentaba unha deterioración cognitiva.

Mentres Fiscalía que, como alternativa, expón a cooperación da muller no suicido do home, sostivo que a acusada "mata o seu esposo". "Decidiu darlle morte de maneira unilateral sen vontade ningunha por parte do marido". "A súa versión dos feitos está encamiñada a encaixar a súa conduta", engadiu.

Argumentou, ademais, como "non lexítima" á acusada "para acabar de maneira unilateral coa vida do seu esposo cando non s verbalizara de maneira expresa ese desexo". Un feito, segundo indicou, "agravado por aleivosía e por ser unha persoa especialmente vulnerable pola súa condición de saúde que debilita a súa posibilidade de defensa", así como pola relación de parentesco.

Xuízo
Xuízo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta