Dous mortos e unha moza de 20 anos ferida tras o choque de dous vehículos en Ordes

Aconteceu sobre as 07.00 horas deste domingo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2024 | Actualizada ás 11:18

Comparte esta noticia

Dous homes, de 65 e 22 anos, perderon a vida e outra resultou ferida tras unha colisión entre dous vehículos na N-550, ao paso polo municipio ourensán de Ordes.

Segundo informou o 112, foi ao fío das 7,00 horas deste domingo cando un particular deu a voz de alarma e detallou que os coches quedaron no medio da estrada e que, polo menos, había unha persoa atrapada.

Desta forma, a central de emerxencias deu aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ordes, á Garda Civil de Tráfico e aos servizos de mantemento da estrada. Unha vez no punto, os bombeiros comprobaron que eran dous as persoas atrapadas, os condutores de ambos os vehículos e os profesionais sanitarios só pudieorn confirmar o falecemento. Ademais, a muller ferida, de 20 anos, foi trasladada ao Chus en ambulancia.

Imaxe de arquivo dun accidente de tráfico
Imaxe de arquivo dun accidente de tráfico | Fonte: Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta