"Consumía para manterme, non para colocarme", di un recluso de Teixeiro que tentou introducir droga no centro

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2024 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

Un recluso do centro penal de Teixeiro acusado dun delito contra a saúde pública recoñeceu que tentou introducir droga no cárcere á volta dun permiso, aínda que alegou que era para consumo propio.

"Era para consumir", manifestou durante o xuízo celebrado este martes na Audiencia Provincial da Coruña. "Consumía para manterme, non para colocarme", engadiu tras explicar que era consumidor habitual de heroína e a cantidade de droga incautada poderíalle "durar ata o seguinte permiso".

Fiscalía pide para o procesado catro anos e medio de prisión fronte á defensa que pide a absolución. Segundo recolle o escrito de acusación, os feitos remóntanse ao 21 de febreiro de 2020 cando o procesado regresaba ao cárcere de Teixeiro tras un permiso penal.

Cando se atopaba no aparcadoiro, os axentes achegáronse a el xa que sabían, segundo o Ministerio Público, que podía portar droga para introducila e vendela dentro do cárcere. Ao velos, o home lanzou á cuneta unha bolsa en cuxo interior se localizaron case nove gramos de heroína, cun valor no mercado próximo ao mil euros.

Zapatilla na que foron intervidos 12 gramos de haxix no cárcere coruñés de Teixeiro.. GARDA CIVIL
Zapatilla na que foron intervidos 12 gramos de haxix no cárcere coruñés de Teixeiro.. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta