Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2024 | Actualizada ás 16:47
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes as puntuacións dos aspirantes admitidos para as listas de selección temporal de auxiliares administrativos, persoal de servizos xerais, cociñeiros e pinches do Servizo Galego de Saúde (Sergas). En total, todas estas categorías suman 22.919 persoas. Por categorías, hai nas listas de auxiliar administrativo 11.525 aspirantes, nas de persoal de servizos xerais 6.912, para pinche 3.938 e para cociñeiro outros 544.
As listas están publicadas e a disposición das persoas interesadas na páxina web do Sergas. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal 'Fides'. Cada un pode presentar reclamacións ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións competentes en materia de persoal no prazo de 10 días hábiles, ata o 4 de xuño.
O Sergas avanza que este mércores se publicarán as listas provisionais de celador (tamén da quenda de discapacidade intelectual), técnico en farmacia, técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico superior en dietética, técnico superior en documentación sanitaria, técnico superior en hixiene bucodental, técnico superior en imaxe para o diagnóstico, técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico e técnico superior en radioterapia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.