6 millóns de euros en axudas para proxectos de cooperación no exterior

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores a convocatoria de axudas para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/05/2024 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores a convocatoria de axudas para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, que está dotada con 6 millóns de euros. Tal como informou a Xunta nun comunicado, deste total, 5,3 millóns son para proxectos no exterior de Organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento (ONGD), mentres que 700.000 euros son para proxectos no exterior levados a cabo por outros axentes.

En concreto, pódense beneficiar da iniciativa as ONGD, as universidades galegas e as súas entidades dependentes, as cooperativas, as empresas e asociacións empresariais, as organizacións sindicais, as comunidades galegas no exterior e outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a cooperación para o desenvolvemento, que estean inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para ou Desenvolvemento, con polo menos un ano de antigüidade.

Os proxectos financiados deben iniciarse en 2024 e poderán acollerse iniciativas cuxo obxectivo é o de propiciar o desenvolvemento integral dos países de intervención, contribuír á mellora das condicións de vida dos seus habitantes e aliviar ou corrixir as situacións de pobreza para conseguir un desenvolvemento humano solidario.

"Coas actuacións previstas preténdese dar cobertura ás necesidades sociais básicas, como a educación e a saúde; o abastecemento de auga e saneamento; a xestión de recursos hídricos; a habitabilidade; a promoción do tecido económico en materia de agricultura, desenvolvemento rural, pesca e acuicultura; o impulso da equidade de xénero; a defensa dos dereitos humanos; o fortalecemento institucional, ou a loita contra o cambio climático", indicou o Executivo autonómico.

Reunión da Coordinadora Galega de ONGD para o Desenvolvemento
Reunión da Coordinadora Galega de ONGD para o Desenvolvemento | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta