Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2024 | Actualizada ás 20:09
Unha gran mancha marrón apareceu na tarde deste xoves na praia de Lavapanos, en Sanxenxo.
Segundo informou o goberno local, a causa é unha vertedura de barro á rede de saneamento dunha obra que se está executando enfronte do Hotel Terraza.
O barro alcanzou o areal tras coarse por un sumidoiro de pluviais situada no recinto da obra.
Ata o lugar desprazouse a Policía local e operarios de Espiña e Delfín para comprobar a orixe da mancha.
O goberno local confirmou que se ordenou parar a obra ata que se freou a vertedura e tomáronse medidas. Concluíu que agora se está retendo a auga nunha balsa e a situación "está controlada".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.