A Galicia dos macro complexos comerciais: tres novos en Ourense, Vilanova de Arousa e Narón en 2025

Estes complexos non son centros comerciais ao uso, non hai varias tendas dentro ás que se acceda por unha zona común, senón que se trata de varias naves pegadas entre si de grandes empresas ás que se accede dende o aparcadoiro común, como acontece co Costa Vella Mall en Santiago ou co Nasas de Nigrán.

Por Ángela Precedo | OURENSE | 26/05/2024 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Galicia é terra de choiva (aínda que xa o foi máis do que o é). É por iso que ter tendas na rúa está moi ben, pero precísanse de lugares pechados aos que acudir a realizar as compras en caso de temporais e condicións adversas para estar pola rúa. Así, cada vez anímanse a abrir as súas portas máis centros comerciais na comunidade. Outra cousa xa é quenes son as empresas capaces de mercar un espazo dentro desas grandes superficies, onde hai moi poucas opcións asequibles para o comercio local e onde ao final se instalán as grandes franquicias omnipresentes en todas as cidades.

Unha persoa camiña con varias bolsas de compras  das rebaixas
Unha persoa camiña con varias bolsas de compras das rebaixas | Fonte: Ricardo Rubio - Arquivo

Sexa como fose, o certo é que nos últimos anos semella que nos esquecemos da choiva (quizáis polo cambio climático) e que as novas promotoras de espazos comerciais están apostando por complexos ao aire libre, lugares nos que se xuntan varias naves de diferentes marcas comerciais e funcionan como un macroespazo de venda unificado, con zonas comúns. Neste contexto, e de cara aos vindeiros anos, previsiblemente 2025, están en proceso de creación tres novos complexos comerciais en Galicia: un en Ourense, outro en Vilanova de Arousa e un terceiro en Narón. Serían, respectivamente, o terceiro, cuarto e quinto que abren as súas portas na nosa terra en menos de 5 anos, despois de que o fixesen Nasas, en Nigrán, e Costa Vella Mall, en Santiago.

PARQUE COMERCIAL OURENSE

No caso de Ourense, a aposta chega da man da promotora viguesa Meifus Inbest e o proxecto ten previstas catro naves que suman uns 14.000 metros cadrados. Tres delas estarán adosadas: a primeira de 1.933,65 metros cadrados; a segunda, de 2.484; e, a terceira, de 1.337,40. Mentres que a cuarta estaría aillada, cun maior tamaño, de 8.232,40 metros cadrados, na que xa está confirmado que se instalará o Obramat, a única das firmas que se coñece que desembocará neste complexo ata o momento. 

O complexo, máis en concreto, estará ubicada no Polígono de San Cibrao das Viñas, na rúa 1, e contará con aparcamento para albergar ata 600 coches. Meifus Inbest prevé investir na construción deste complexo 11,4 millóns de euros. Desa cantidade, a maior parte, 8,7 millóns, destinaranse aos materiais, sendo dentro deles a parte de estruturas (1,66 millóns), a de instalacións (1,48), a de revestimentos e falsos teitos (1,39) e a de carpintaría de aluminio e vidros (1,22 millóns) os maiores gastos. Segundo consta na redacción do proxecto inicial, a entrada as naves realizarase individualmente dende o aparcamento común habilitado no recinto. A cuarta nave, a do Obramat, posúe a posibilidade dun paso co vehículo polo interior da sala de vendas exterior.

Proxecto do complexo comercial de Ourense
Proxecto do complexo comercial de Ourense

Todos os establecementos disporán dunha área comercial (con vestíbulo de entrada, zonas de vendas e zonas de caixa e atención ao cliente); área de almacenamento (zona de almacenamento a temperatura ambiente de zona de muelles de carga e descarga); e área administrativa (oficinas, vestiarios, aseos, sala de descanso, espazo polivalente, consulta médica, cuarto de informática). A nave 4, a do Obramat, disporá a maiores dun almacén de stock e posta a disposición de pedidos con marquesiñas para tales fins, dunha sala de vendas exterior con caseta de vendas e dun área loxística de uso exclusivo. 

PARQUE COMERCIAL VILANOVA SHOPPING

Pola súa banda, en Vilanova de Arousa desenvolverase o Parque Comercial Vilanova Shopping, promovido pola empresa Desarrollos Vilanova. Este proxecto ocupará unha superficie de 20.000 metros cadrados, distribuídos en 6 edificios que compartirán unha zona de uso peatonal e outra destinada a aparcamento, e prevese que poida abrir no último trimestre de 2025. A previsión de investimento é duns 12 millóns de euros. Polo momento xa trascendeu que contará con espazos adicados ao comercio, ao ocio e á cultura. Ademais, terá unhas 900 prazas de aparcamento. 

En concreto, desenvolverase na parroquia de San Miguel de Deiro, situado na confluencia da estrada VG-4.3, coa estrada provincial PO-530. Na documentación presentada polo promotor deste novo espacio, revélase que se pretenden habilitar unha vintena de locais para negocios de moda, fogar, servizos, restaurantes e supermercados. De todos os establecementos que se atopan xa contratados estarían o supermercado e varios locais destinados a equipamento da persoa, unha superficie destinada a equipamento de deportes e superficies para equipamento do fogar. As marcas que confirmaron a súa presenza neste centro son Fifty, Krack, Kiabi, All of Home, Jysk, Family Cash e Aldi.

TAMÉN COMEZAN AS OBRAS EN NARÓN PARA A GÁNDARA

Ademais, o municipio de Narón tamén contará moi pronto cunha nova área comercial situada no polígono da Gándara, dentro dunha parcela de 22.000 metros cadrados, propiedade do Grupo Perlada, de Cataluña. Esta gran superficie comercial suporá o desembarco de Obramat, establecemento especializado na venda polo miúdo de artigos de construción e reforma, líder do mercado europeo, que abrirá en Narón o seu terceiro gran almacén en Galicia, cunha superficie de venda duns 7.000 metros cadrados.

Parque Gándara contará cun amplo parking exterior con acceso desde a avenida do Mar e a rúa Irmáns Pita. Este parking, que terá capacidade para máis de 300 vehículos, albergará a segunda novidade do proxecto, unha electrolinera con 8 prazas de carga ultra rápida de última xeración abandeirada por unha das principais insignias do mercado.

A oferta desta nova área comercial completarase con polo menos outros dous operadores que ocuparán unha superficie comercial conxunta de 1.700 metros e que polo momento, dada a gran acollida que tivo o proxecto dentro do sector, están en fase de estudo e selección por parte da propiedade. A firma ferrolá Img Property, especializada na xestión integral de proxectos de investimento, é a responsable deste novo proxecto comercial que, segundo palabras do seu director xeral, Óscar Faraldo, prevé abrir as súas portas no 2025, suporá un investimento aproximado de 10 millóns de euros e xerará preto de 220 postos de traballo.

COMPLEXOS COMERCIAIS EN GALICIA: CANDO ABRIRON E CAL FOI A INVERSIÓN?

  • Costa Vella Mall (Santiago de Compostela) - 2023
  • Nasas (Nigrán) - 2022 - 55 millóns de euros
  • Parque Ferrol (Ferrol) - 2013 - 50 millóns de euros

CENTROS COMERCIAIS EN GALICIA: CANDO ABRIRON E CAL FOI A INVERSIÓN?

  • Vialia (Vigo) - 2021 - 150 millones de euros
  • As Cancelas (Santiago de Compostela) - 2012 - 90 millones de euros
  • Marineda (A Coruña) - 2011 - 450 millones de euros
  • As Termas (Lugo) - 2005 - 74 millones de euros
  • Pontevella (Ourense) - 2001 - 11,5 millones de euros
  • Odeón (Narón) - 2002 - 15 millones de euros solo en la reforma de 2018
  • Gran Vía (Vigo) - 2006 - 100 millones de euros
  • Cuatro Caminos (A Coruña) - 1987
  • Área Central (Santiago de Compostela) - 1993 - 3,8 millones de euros
  • A Barca (Pontevedra) - 1987
  • Pontiñas (Lalín) - 2004 - 17 millones de euros
  • Centro Comercial Arousa (Vilagarcía de Arousa) - 1995

Proxecto do complexo comercial de Vilanova de Arousa
Proxecto do complexo comercial de Vilanova de Arousa
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta