Jácome sobre o estado económico do Concello de Ourense: "é o máis saneado de Galicia"

"Podemos afirmar, sen dúbida, que o Concello de Ourense está nunha situación de falta de sustentabilidade económica", manifestou o portavoz do BNG, Luís Seara

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 30/05/2024 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense albergou este xoves un pleno extraordinario solicitado polo PSOE e o BNG para analizar a situación económica do consistorio, que a oposición ve "crítica" e que, aseguran, atópase "en bancarrota".

Durante o mesmo, o rexedor, Gonzalo Pérez Jácome, negou este esxtremo, añadoendo que "Ourense é o concello máis saneado de toda Galicia" e convidando á oposición a que "soliciten formalmente a intervención do Estado español" se realmente cren que hai bancarrota.

O Partido Socialista e o Bloque Nacionalista Galego empregaron a sesión extraordinaria para realizar un balance negativo da situación que atravesa a cidade, expondo que as concesións están en precario, os peches de servizos sociais, os recortes en cultura e o feito de que estean sen orzamentos desde 2020 e sen Plan Xeral de Ordenación Municipal.

"Podemos afirmar, sen dúbida, que o Concello de Ourense está nunha situación de falta de sustentabilidade económica", manifestou o portavoz do BNG, Luís Seara, asegurando que "o actual orzamento non chega para financiar servizos públicos". Unha queixa á que se sumou a edil do Partido Socialista María Fernández, sinalando que "todas as obras públicas executadas por Democracia Ourensá están sen pagar".

A maiores, Fernández expuxo que o concello "ten unha serie de servizos que son de prestación obrigatoria en función á lei de bases de réxime local" e que están en precario. "O grave non é que esteamos a pagar máis polos servizos, o maior dos problemas é que os servizos non se prestan nas condicións nas que se deberían prestar", reprochou.

Na mesma liña manifestouse o PP que, con todo, comezou a súa intervención criticando que as dúas formacións non o tivesen en conta para solicitar o pleno a tres bandas. "Demostra a nula capacidade de diálogo, esperemos que a partir de agora haxa consenso", afeou a portavoz, Sonia Ogando.

UN CONCELLO "SANEADO"

Os argumentos da oposición chocaron co esgrimido polo rexedor, Gonzalo Pérez Jacome, que defendeu que "Ourense é dos concellos máis saneados de España, con débeda cero e con remanente". "Como se pode dicir que un concello que ten débeda cero e remanente positivo está en bancarrota?", cuestionou o alcalde.

Minutos antes, durante a intervención do PP, Ogando aproximou o seu teléfono móbil ao micrófono para reproducir un audio de cando Jácome estaba na oposición e pedía a intervención do concello de Ourense por parte da Xunta de Galicia e o Estado Español, criticando a caducidade de diferentes concesións.

"Hai que pedir entón agora a intervención do concello por parte da Xunta de Galicia e o Estado español?", cuestionou Ogando, tras o que o alcalde convidou formalmente aos grupos da oposición a que soliciten tal intervención.

"Non é que esteamos en bancarrota, é que é ao revés, somos os máis saneados de Galicia e probablemente de España. A bancarrota non se pregoa, solicítase ao Goberno de España que interveña e o Goberno ten a obrigación de facelo, así que mentres non o fagan, e obviamente non o van a facer porque non está en bancarrota, o único que fan é enganar á poboación e nada máis", reprochou Jacome, antes de sentenciar que "son todos uns fantasmas" porque "se fose certo o que din, están a tardar en mandar unha solicitude ao Goberno de España".

MOCIÓN DE CENSURA

Ademais, o pleno estivo sobrevoado pola proposta do Partido Socialista de abrir un diálogo co Bloque Nacionalista Galego e co Partido Popular para "cambiar o rumbo" da cidade. Unha proposta que o alcalde criticou.

"Unha moción de censura ou novas eleccións, a que te refires? Como o teu partido xa cheu un pescozón e agora vés ao pleno a falar en clave", afeou Pérez Jacome á portavoz do PSOE, Natalia González, á que reprochou que "as mocións de censura non se propoñen, asínanse e preséntanse con 14 firmas no concello de Ourense. Todo o demais é lume de artificio".

Mentres o PP e o BNG ratificaron as posturas que xa esgrimiran previamente. Os nacionalistas criticaron que os populares "saíron con anterioridade ao rescate de Jacome e van seguir saíndo cando o necesite", por tanto o portavoz da formación, Luís Seara indicoulle ao PSOE que "debe convencelos de que rompan o acordo que subscribiron" e que "pidan desculpas aos veciños polos danos causados" antes de "entrar en valoracións".

Pola súa banda, a portavoz do PP, Sonia Ogando subliñou que "se Jacome está na alcaldía é grazas a vostedes, señores do Bloque", e insistiu en que se reciben "unha proposta formal real e sólida" están "dispostos a sentar a falar sen liñas vermellas".

"Sonia, o mesmo lle digo eu ao Bloque e ao PSOE na Deputación, cando queiran se están dispostos a falar dunha alternativa seria tamén poden falar comigo", ameazou o alcalde e líder de Democracia Ourensana á bancada popular, en referencia ao pacto co PP de que cada formación goberne onde foi a lista máis votada.

Gonzalo Pérez Jácome
Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Rosa Veiga - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta