9X.-A participación ás 18.00 en Galicia sitúase no 39,01%, cae con respecto a 2019 pero é maior ca en 2014

Ourense mantense como a provincia galega máis mobilizada, no 40%, mentres que Lugo e A Coruña son as que menos cun 38,6%.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/06/2024 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

A participación nas eleccións europeas deste domingo sitúase en Galicia no 39,01% ás 18.00 horas da tarde, ao exercer o seu dereito a voto case 866.000 persoas na Comunidade. Supón un esborralle de 11,19 puntos con respecto aos comicios á Eurocámara de 2019, cando foi do 50,20%, pero hai que ter en conta que entón coincidiron cunhas municipais.

Detalle da xornada electoral no Colexio dos Maristas, a 9 de xuño de 2024. Joaquin Corchero - Europa Press
Detalle da xornada electoral no Colexio dos Maristas, a 9 de xuño de 2024. Joaquin Corchero - Europa Press

Con todo, se se compara o dato co de 2014, cando igual que este ano se celebraron eleccións europeas de maneira illada, a concorrencia dos galegos ás urnas subiu un 5,25%, fronte ao 33,76% de entón.

En toda España, a participación ás 18.00 horas situouse no 38,35%, por baixo do dato galego, a pesar de que no avance das 14.00 horas era ao revés. O dato estatal é once puntos inferior ás de 2019, pero está catro por encima que as de 2014.

Por provincias, esta tendencia é unánime nas catro galegas. Ourense mantense como a máis mobilizada no segundo avance de participación das 14.00 horas, cun 40,04%. Pese ao esborralle de doce puntos con respecto a fai cinco anos, é un aumento de case catro sobre o mesmo dato de 2014.

En Pontevedra, acudiu a votar ata o momento o 39,35% do censo, máis de once puntos menos que en 2019 pero case cinco máis que en 2014.

Mentres tanto, na Coruña foron ás urnas o 38,57%, unha baixada de dez puntos e medio con respecto ao anteriores pero seis máis que hai unha década, a última vez que os comicios europeos non coincidiron con ningunha outra cita.

Finalmente, en Lugo a participación ata as 18.00 horas situouse no 38,57%. Neste caso, a caída é de máis de doce puntos porcentuais sobre 2019, pero cinco puntos máis que en 2014.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Lance

Interesting!

1 Sentidiño

1°) O descenso de 6,45 en comparación con 2019, e o aumento de 5,58 con 2014, son en puntos porcentuais, non en tantos por cento. 2°) Votamos en urnas, non en "furnas".