Carreiras ilegais en polígonos industriais

A Garda Civil multa a dous sospeitosos de participar en carreiras ilegais en Pontevedra.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 10/11/2015 | Actualizada ás 17:04

Comparte esta noticia

Carreiras ou exhibicións ilegais nos polígonos do Campiño e A Reigosa, no límite entre Pontevedra e Ponte Caldelas. Esa é a sospeita que ten a Garda Civil que esta fin de semena multou a dous conductores que poderían estar participando nunha destas carreiras ilegais.

Carreira ilelgal nun polígono industrial
Carreira ilelgal nun polígono industrial | Fonte: Garda Civil

Tamén multou a outros tres condutores por dar positivo en drogas e un par máis por infraccións da normativa de vehículos. Todos eles nesa mesma zona.

O instituto armado sospeita de que na zona están a organizarse este tipo de carreiras a través de mensaxería de teléfono móbil, polo que prevé establecer alí dispositivos de seguridade.

Durante a fin de semana tamén foi interceptado outro condutor, F.M.C., que conducía igualmente de forma irresponsable na área do lago Castiñeiras, no monte de Vilaboa, e que tras escapar dos axentes de Tráfico sufriu un accidente e fuxiu a pé, a pesar do cal foi identificado e imputado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta