Hai pacto PP-PSOE en Santiago?

Socialistas e populares negan unha 'pinza' contra o goberno de Martiño Noriega e destacan que a proposta de IBI aprobada é a mellor para os veciños de Compostela. O BNG tamén critica a "arrogancia" do rexedor de Compostela Aberta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/11/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Socialistas e populares negan as denuncias de pacto que lanzou Compostela Aberta tras votar conxuntamente unha proposta do PSdeG para baixar o IBI da capital galega, un imposto que o goberno de Martiño Noriega quería subir e que provocou as iras do rexedor compostelán. 

Pleno no Concello de Santiago
Pleno no Concello de Santiago | Fonte: santiagodecompostela.org

"Se un xoga nun campo embarrado de democracia, coas regras en contra, consegue que unha candidatura de unidade popular sexa a lista máis votada e ao final nada vale porque calquera proposta ponse en cuestión e adóptase unha posición de pinza, só queda dicirlles que non viñemos aquí para agarrarnos á cadeira de brazos, senón mandatados para facer cousas diferentes", espetou este martes animando a estas dous formacións a presentar unha moción de censura.

Unha proposta que descartan desde os dous partidos que negan estas acusacións. O portavoz do PSdeG, Paco Reyes, dixo que é "moi difícil" que se produza nun futuro un marco de acordo entre PP e PSOE, e lembrou que "no seu momento tivemos oportunidade e votamos por que o alcalde fose Martiño Noriega, e non temos motivos para cambiar".

Así, asegurou que non era "serio" retirar unha proposta para que o PP non vote a favor, tal e como pedía CA, e asegurou que "el non podía saber o que o PP ía votar". "Estaría encantado de saber que os populares querían apoiar a rebaixa no IBI, porque é o que a cidadanía necesita para permitir respirar un pouco ás persoas con máis dificultades, como as familias en paro ou os pensionistas", dixo.

Tamén o portavoz do grupo municipal do PPdeG, Agustín Hernández, negou chegar a un acordo co PSdeG para votar a favor da rebaixa fiscal, e asegurou que a decisión non se tomou "en clave de bloqueo", senón "en clave de cidade", para evitar un "prexuízo para a cidadanía".

Neste sentido, negou "pactos, acordos ou conversacións co PSdeG respecto da gobernabilidade da cidade". Explicou o seu apoio á baixada do IBI, tendo en conta que "o goberno non admitiu os acordos alcanzados por maioría na comisión", o cal cambiaría o seu "resultado". "Era a mellor opción para non prexudicar á cidadanía, xa que aprobar a subida de impostos era aprobar un saqueo", indicou. "Finalmente imperou o sentido común", engadiu.

Pola súa banda, o portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, lamentou a posición "arrogante" de Compostela Aberta ao non "respectar" o ditame da comisión informativa de Facenda, que depararía un pleno diferente.

"Eu respectaría as decisións das comisións informativas que son reflexo da composición do pleno e do que decidiu a cidadanía de Santiago nas urnas", dixo con respecto á decisión de Compostela Aberta de non aceptar o IBI ao 0,54.

"Poderiamos vivir un pleno diferente se o punto de partido fose aceptar as emendas que estaban aceptadas na comisión, e que contemplaban conxelar o IBI ao 0,54, posición defendida polo BNG e, ao seu xuízo, máis sensata", indicou.

Por iso, recriminoulle ao goberno local que "puido facer máis" e denunciou un "intento de engano" pola súa banda, primeiro "porque non é certo que a presión fiscal de Santiago sexa das máis baixas de Galicia" e segundo porque "as ordenanzas fiscais de Compostela Aberta non eran progresivas", senón que contemplaban unha "subida xeneralizada para ricos e pobres", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Ana

De cara o 20-D e moi importante concienciar a toda a clase traballadora que o voto util no estado é IU pq son os unicos que falan de "traballo garantizado" e en Galicia é NÓS que son os unicos que falaran so dos problemas de Galicia no parlamento español. Nin bipartidismo vello (PPSOE), ni bipartidismo novo (Ciudadanos e Podemos) traeran ningun cambio. No vos deixedes levar pola propaganda nos medios e as enquisas e preguntadevos quen financia os medios.

4 LKI

O titutar sería "Hai pacto PP-PSOE-BNG en Santiago e A Coruña?".

3 Fartodenazionalistas

Este personaje de la gorra, cree que puede gobernar con la gorra o por la gorra. El talante de este sujeto queda al descubierto con su pataleta y sus amenazas a quien no vote lo que él espera (¡vivan la democracia y la tolerancia) y además apela a ser la lista más votada, cuando en otras ciudades, los individuos de su misma especie no tienen pudor alguno en apoyarse en otras listas minoritarias para gobernar. Debe recordar que sólo unos cientos de votos le otorgan tal "mayoría" y que debe acercarse a quienes necesita para sacar adelante sus propuestas; de lo contrario... ajo y agua. ¡Ah! y por favor, que no se olvide de prescindir de concejalillos sindicalistas, asilvestrados e incultos que insultan al resto de los españoles y a su ejército, una de las instituciones más valoradas por los ciudadanos de este país.

2 Noniega

A estratexia de Martiño é clara: San Caetano. Fará o que sexa para ser o candidato das mareas á Xunta.

1 Pactus Magníficus

En Santiago ... na Coruña, no Ferrol ... e o BNG apúntase ás veces

1 A culpa é dos de sempre

Xa, é moi bonito, e moi rupturista facer unha soba lineal dos impostos, que afecte por igual as rendas altas que as baixas. en minoria, autarquicamente e sen consensuar, para logo practicar o victimismo. Sacar liquidez en Ferrol das partidas xa adxudicadas aos mais desfavorecidos, os minusvalidos, mentras se manteñen as subvencións a semana santa, incumplindo o seo programa. De todos xeittos o BNG non está obrigado a nada, es Mareantes escolleron o PSOE, xa non lembras a votación da Deputación?