Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 20/06/2024 | Actualizada ás 21:30
Oficialmente, en idioma galego, a palabra 'pinga' fai referencia a "unha cantidade moi pequena de líquido, de forma arredondada, que se desprende e cae", o que todos entendemos por unha pinga de auga. Así o recolle o diccionario da Real Academia Galega (RAG). Pero tamén acepta o seu uso para referirse a "unha porción pequena de algo", como cando se pide un anaco dunha cousa: 'Dáme unha pinga de queixo'. E ata aí as súas acepcións.
Estas foron expostas por Esther Estévez, presentadora do programa da TVG 'Dígocho eu', e semella que houbo quen tamén engadiu un terceiro significado. Os comentarios da publicación na rede social Instagram enchéronse de comentarios de cubanos que aseguraban que no seu país 'pinga' empregábase para denominar ao pene. O Galicia Confidencial buscou o seu significado no diccionario da Real Academia Española (RAE) e, efectivamente, 'pinga' aparece como sinónimo dos xenitais masculinos.
Esta palabra, segundo apunta a academia, sería un coloquialismo usado en moitos países de Latinoamérica, como Colombia, Costa Rica, Ecuador, Guatemala, Honduras, Nicaragua, Panamá, Perú ou Venezuela. Ademais, a institución tamén recoñece que 'pinga' en castelán se usa, ao igual que no galego, para referirse á "pouca cantidade dalgo".
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- “A min, contos # cantares # gaitas # plin”, varias das secuencias expresivas galegas equivalentes á castelá “a mí, plin”
- “Verbo ou oración + tal”, secuencia expresiva enxebre equivalente a “si que + verbo ou oración”, cando se retruca ou replica
- De Lourenzá a Escocia: unha adolescente de Edimburgo defende o galego como lingua de seu
- 'Alfombreiro', 'auguista' e 'lubre' entran no Dicionario da Real Academia Galega
- A 0,09 € a palabra por emitir documentos en galego: o prezo que cobra unha empresa de prevención de riscos laborais
- “Burra aceiteira” ou “burra vella”, dúas das varias equivalencias galegas do cast. “tonto del bote # de capirote” ou “tontolaba”